X

Uso de cookies:Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia de navegación y ofrecer contenidos y publicidad de interés. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

Enviar nota de prensa

Síguenos en:

Twitter NotasDePrensa Facebook NotasDePrensa RSS NotasDePrensa
NotasDePrensa

El medio n° 1 de notas de prensa en España

Feijóo ratifica o compromiso da Xunta para que Galicia se manteña á cabeza das comunidades autónomas que pagan puntualmente a súa factura farmacéutica

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, ratificou hoxe o compromiso da Xunta para que Galicia se manteña á cabeza das comunidades autónomas que pagan puntualmente a súa factura farmacéutica de xeito que as farmacias galegas sigan cobrando da sanidade pública entre o día 15 e 20 de cada mes.

Publicado en el en Galicia por

Kit de Medios

Nota de Prensa
descargar pdf descargar doc

Compartir

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, ratificou hoxe o compromiso da Xunta para que Galicia se manteña á cabeza das comunidades autónomas que pagan puntualmente a súa factura farmacéutica de xeito que as farmacias galegas sigan cobrando da sanidade pública entre o día 15 e 20 de cada mes. Así o manifestou hoxe durante a súa intervención no acto de celebración do centenario do Colexio Oficial de Farmacéuticos de Pontevedra.

O mandatario galego asegurou que o esforzo da Xunta por que Galicia sexa unha comunidade solvente está a garantir a sustentabilidade dun servizo social como a sanidade, que se permite apostar sen exclusións pola modernización das súas infraestruturas e servizos, pola racionalización do gasto e por mellorar a resposta ao paciente. “Galicia ten feito da solvencia das súas contas públicas o baluarte do seu autogoberno e o camiño atinado que reafirma a nosa verdadeira autonomía”, apostilou.

Nesta liña, destacou a aposta da Executivo autonómico por que a sanidade pública galega gañe en eficiencia, para o que agradeceu a implicación de todos os profesionais que integran o Servizo Galego de Saúde e a sensibilidade do colectivo farmacéutico, comprometido, dixo, coa necesidade de que servizos como o financiamento público de medicamentos se manteñan nos límites do sostible.

O sector farmacéutico como unha peza máis do Servizo Galego de Saúde
Con todo, Feijóo quixo remarcar a vontade da Xunta por achegar confianza e estabilidade ao colectivo farmacéutico, e por que sigan a ser interlocutores abertos ao traballo en común co Goberno galego, para que o Concerto para a prestación farmacéutica polas oficinas de farmacia asinado o pasado ano siga a dar os seus froitos, dixo.

Así, puxo de relevo o proxecto piloto que a pasada semana, e de xeito pioneiro en España, o Sergas puxo en marcha co Colexio Oficial de Farmacéuticos de Pontevedra para que 186 farmacias desta provincia colaboren no cribado e detección da diabete mellitus de tipo II. Supón, indicou, un paso importante para avanzar no diagnóstico precoz dunha enfermidade que afecta a máis do 13% da poboación; e é mostra do valioso labor de asistencia sanitaria que poden prestar os profesionais de farmacia en perfecta coordinación cos médicos de atención primaria. Un camiño, -engadiu-, no que queremos seguir avanzando.

Deste proxecto, concluíu, dedúcese a importancia de que o sector farmacéutico funcione “como unha peza máis” do servizo público de saúde para acadar unha sanidade máis accesible ao cidadán.

Proba diso é, segundo concretou, que nos seis primeiros meses do ano as listas de espera para primeira consulta se situaron en 39,6 días, 4,8 días menos que o ano anterior; que se fixeron máis de 2.167.330 consultas en xornada ordinaria nos hospitais do Sergas, 13.000 máis que no mesmo período de 2013. Tamén, que as consultas de atención non presencial nos centros de saúde de Galicia superaron as 517.000, e que as vías rápidas do Segas cumpriron o compromiso de esperas máximas de 15 días para atender a pacientes con sospeita de patoloxía grave. E ademais, no tocante a rendemento cirúrxico, salientou que se realizaron máis de 2.300 intervencións que no mesmo período de 2013, e cumprindo co obxectivo de atender as enfermidades de prioridade 1 por debaixo dos 30 días.

Datos de contacto

Si deseas solicitar mas información sobre esta nota de prensa puedes hacerlo en el siguiente enlace:

Más Información
Notas de Prensa Relacionadas