X

Uso de cookies:Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia de navegación y ofrecer contenidos y publicidad de interés. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

Enviar nota de prensa

Síguenos en:

Twitter NotasDePrensa Facebook NotasDePrensa RSS NotasDePrensa
NotasDePrensa

El medio n° 1 de notas de prensa en España

O Servizo Galego de Saúde publica as listas definitivas de baremación de selección temporal e promoción profesional da categoría de médico/a especialista en medicina do traballo

Publicado en el en Galicia por

Kit de Medios

Nota de Prensa
descargar pdf descargar doc

Compartir

Santiago, 26 de setembro de 2014.- O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, na súa edición de hoxe, o anuncio polo que se dá publicidade ás listas definitivas, con orde de prelación e puntuación definitiva da categoría de médico/a especialista en medicina do traballo. En total resultaron admitidos/as 15 aspirantes, que poderán ser chamados desde o 29 de setembro para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde.

Os/as aspirantes inscritos/as poden consultar a través do sistema do Expediente electrónico do profesional a súa posición relativa e o número de orde nas listas xeradas, así como de ser o caso, as causas de rexeitamento dalgún dos méritos presentados, dotando de total transparencia ao proceso de selección.

Ademais, están a disposición das persoas interesadas os resultados definitivos de baremación na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

As listas entrarán en vigor con efectos do 29 de setembro de 2014, resultando de aplicación aos chamamentos que se efectúen a partir de dita data as normas de xestión contidas no Pacto sobre selección de persoal estatutario temporal aprobado por Resolución do 26 de abril de 2011.

Próximas actuacións
Está previsto que no último trimestre deste ano, se proceda á actualización de 28 listas de contratación vixentes (DOG nº 136 de 18 de xullo de 2014) para o Servizo Galego de Saúde, tal e como se establece no procedemento de actualización de listas de selección temporal (DOG nº 181, de 23 de setembro de 2013).

O prazo para o rexistro de novas solicitudes de inscrición, a modificación dunha anterior, ou a presentación de novos méritos no FIDES para a actualización de listas deste ano, remata o día 15 de outubro de 2014.

 

Datos de contacto

Si deseas solicitar mas información sobre esta nota de prensa puedes hacerlo en el siguiente enlace:

Más Información
Notas de Prensa Relacionadas