Enviar nota de prensa

Síguenos en:

Twitter NotasDePrensa Facebook NotasDePrensa RSS NotasDePrensa
NotasDePrensa

El medio n° 1 de notas de prensa en España

Feijóo salienta que Galicia “é unha terra apta para todos os públicos” e di que 2014 contará con novos alicientes que farán máis atractiva a estancia: a Volta a España, novos trens turísticos e os oitocentos anos da peregrinación de San Francisco de Asís

Publicado en el en Galicia por

Kit de Medios

Nota de Prensa
descargar pdf descargar doc

Compartir

Madrid, 24 de xaneiro de 2014.- O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe que Galicia “é unha terra apta para todos os públicos” e avanzou que 2014 contará con novos alicientes que farán máis atractiva a estancia aos visitantes como a Volta a España, novos trens turísticos e os oitocentos anos da peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela.

“Quen vai a Galicia faise galego porque Galicia nunca o abandona”, aseverou Feijóo, durante a súa visita esta mañá ao pavillón da Comunidade na Feira Internacional de Turismo-Fitur, logo de subliñar que Galicia ten a gran fortuna de contar cun censo extraoficial de galegos formado pola xente que nos visita. “Tras a súa convivencia entre nós, convértense en galegos adoptivos e en embaixadores plenipotenciarios do noso”, dixo, logo de lembrar que Galicia o fixo recentemente, por exemplo, ao crear a figura dos Embaixadores do Camiño, que estreou o Príncipe de Asturias.

Unhas infraestruturas turísticas de primeira orde
O titular do Goberno galego incidiu en que o visitante que elixe Galicia está optando por unhas infraestruturas turísticas de primeira orde, pero sobre todo por un pobo que ten permanentemente os brazos abertos. E despois de resaltar o noso potencial turístico, referiuse aos principais fitos que marcarán 2014.

Nesta liña, afirmou que o deporte terá o seu punto culminante coa Volta a España, que percorrerá cinco etapas por terra galega e que sitúa o seu punto de chegada no corazón mesmo de Galicia, na praza do Obradoiro. “O noso Apóstolo –dixo- será fiel testemuña dunha competición que xa o pasado ano arrastrou a moita xente no seu paso pola nosa Comunidade e permitiu que agosto rexistrase cifras récord de visitantes”.

No tocante aos oitocentos anos da peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela, Feijóo recordou que con aquela viaxe se teceu un vínculo fundamental na cristiandade occidental, e púxose unha das primeiras pedras da propia construción europea. Diante deste feito, avanzou o desenvolvemento dun programa de actos “que axude a proxectar a mensaxe do aos nosos días”.

“Así mesmo, Galicia abrirá as súas portas para que calquera poida entrar de todas as formas posibles. Pódese chegar por aire, por mar, e tamén apostamos por outros medios de transporte como o servizo de ferrocarril, no que se están a implementar novos trens turísticos que tiveron unha gran acollida entre turistas e visitantes”, engadiu o presidente autonómico.

Feijóo precisou que o pasado ano Galicia comezou con este proxecto pioneiro utilizando como medio de transporte o ferrocarril. Con el por primeira vez acudiu a Galicia o tren turístico de luxo Al Andalus e creouse o Galicia Rail Pass, un bono de tren que permite aos peregrinos e turistas que acoden a Galicia en tren de largo percorrido coñecer outros lugares de interese na Comunidade. E, a iso hai que engadir o establecemento de novas rutas turísticas en tren: ás rutas da Camelia e dos Faros sumaranse as rutas do Viño, que recorrerán as diferentes denominacións de orixe galegas.

Para o presidente da Xunta non é estraño que haxa estudosos que lle atribúan ao turismo unha capacidade fundamental para facer que os pobos evolucionen, “xa que inflúe no pobo de onde procede o viaxeiro, sen deixar de influír tamén no pobo que o recibe”. “O turista busca un enriquecemento a través do intercambio. Aprecia a diversidade, valora o diferente e retorna convertido nunha persoa distinta, e sen dúbida máis rica. Se o mundo é hoxe máis libre e aberto, débese en boa medida ao turismo”, aseverou, despois de referirse ao Camiño de Santiago como unha proba de que este principio é certo.

Nesta liña, Feijóo lembrou que o Camiño foi e é un lugar de encontro, como o demostran os 215.880 peregrinos que en 2013 obtiveron a Compostela, o que supuxo un aumento do 12,15% con respecto ao pasado 2012.

“Esa chegada incesante de peregrinos modelou a arte e a cultura de Galicia, pero sobre todo esculpiu o seu carácter. Fíxonos abertos, tolerantes, capaces de entender o punto de vista dos demais, e reticentes ante calquera dogmatismo. O tempo converteunos en anfitrións idóneos para quen queira coñecer o mundo resumido nun país”, aseverou.

O presidente da Xunta valorou durante a súa visita ao pavillón da Comunidade os últimos datos sobre o sector. E, neste sentido, destacou que no 2013 incrementouse a cifra de viaxeiros aloxados nun 4,9%, case catro puntos por enriba da media de España que é do 1%. E as pernoitas subiron un 1,9%, acercándose aos 6,8 millóns no conxunto da Comunidade.

En total, máis de 3,37 millóns de viaxeiros acudiron a Galicia o pasado ano, debido principalmente ao comportamento do turismo internacional, que rexistrou crecementos tanto de cifra de viaxeiros aloxados como das pernoitas: 11,3% e 7,9%, respectivamente.

O turismo galego, unha obra colectiva
Ao longo da súa intervención, Feijóo destacou que outra das características do turismo galego é que non está polarizado nunhas cantas empresas, en varias industrias clave, senón que involucra ao conxunto da Comunidade. “O turismo galego é unha obra colectiva –dixo-. Nela participamos todos: a Administración, o sector privado, o comercio, o mundo da cultura, o gran hotel e a casa rural, o gran restaurante e o pequeno establecemento, a cidade moderna e a aldea tradicional. En sentido literal, é un concerto. Así o demostramos recentemente coa creación do clúster do Turismo de Galicia”.

O presidente da Xunta non esqueceu tampouco o Plan estratéxico do Turismo; “unha ferramenta –asegurou- básica para que ese siga interpretando excelentes sinfonías”. Non en van o obxectivo deste plan é facer do turismo galego unha engrenaxe que siga involucrando ao conxunto da sociedade. “Con el aspiramos a que as numerosas distincións que resaltan o noso turismo de calidade –Galicia é líder en bandeiras azuis ou en establecementos co selo Q de calidade-, teñan plena xustificación e continuidade”.

Por último, o responsable do Goberno galego recolleu da man da directora de Fitur o premio ao mellor stand da Feira.

Datos de contacto

Xunta de Galicia

Si deseas solicitar mas información sobre esta nota de prensa puedes hacerlo en el siguiente enlace:

Más Información
Notas de Prensa Relacionadas