Enviar nota de prensa

Síguenos en:

Twitter NotasDePrensa Facebook NotasDePrensa RSS NotasDePrensa
NotasDePrensa

El medio n° 1 de notas de prensa en España

Galicia aforrará máis de 550 millóns ata o ano 2020 grazas ás medidas de eficiencia enerxética impulsadas pola Xunta

O Conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, destacou hoxe, durante a inauguración dunha xornada de aforro e eficiencia enerxética na industria, o esforzo continuado da Xunta a prol da construción dun modelo social, económico e enerxético sustentable, baseado na calidade e na eficiencia.

Publicado en el en Galicia por

Kit de Medios

Nota de Prensa
descargar pdf descargar doc

Compartir

 

Santiago, 13 de decembro de 2013.- Neste sentido, subliñou, a Consellería de Economía e Industria ten posto en marcha nos últimos anos diversos programas de actuación que promoven un uso racional da enerxía entre a cidadanía, as empresas, e a propia administración. “En total, investimos máis de 70 millóns de euros neste eido”, incidiu Conde, quen resaltou que, deste xeito, “Galicia aforrará máis de 550 millóns ata o ano 2020 a través das medidas de eficiencia enerxética impulsadas pola Xunta”.

Nesta aposta polo aforro e a eficiencia enerxética, sinalou o titular de Economía e Industria, o sector industrial xoga un papel decisivo ao representar o 45% do consumo final de enerxía en Galicia. Por este motivo, explicou, a eficiencia enerxética é un dos recursos de aforro económico máis rentables para incidir na súa competitividade ao permitir ás empresas “obter os mesmos bens con menos consumo, mantendo a mesma ou maior calidade nos servizos prestados, e a un prezo inferior”.

Neste contexto, Conde avogou por manter a cooperación entre a administración e o sector industrial facilitando a elección entre as distintas opcións enerxéticas de cara a conseguir unha maior competitividade no tecido empresarial. Así, o Goberno galego ten contribuído nos últimos anos á posta en marcha de preto de 600 proxectos de eficiencia enerxética nos que participan distintas empresas galegas, xerando ata o de agora un aforro económico na industria da Comunidade de 80 millóns de euros. “Estes resultados permiten a diminución dos custos da factura enerxética ata un 15% e, por ende, o incremento da competitividade do noso tecido empresarial”, incidiu.

Conde salientou que a Xunta de Galicia seguirá traballando nesta liña o vindeiro exercicio, facendo un esforzo especial no eido da biomasa. Así, no 2014 activarase unha estratexia integral de impulso da biomasa forestal con fins térmicos que suporá importantes melloras no medio rural beneficiando tanto á cidadanía, como á administración pública e ás empresas galegas.

Así mesmo, o titular de Economía e Industria, avogou por “aproveitar as oportunidades que ofrece o futuro”. Unhas oportunidades nas que, como salientou, cobran especial relevancia os fondos europeos. Non en van, unha parte moi importante dos fondos FEDER e FSE que a Unión Europea pon a disposición de Galicia para o período 2014-2020 destinaranse a estratexias de innovación, á mellora competitiva das pemes, e á eficiencia enerxética. “Ábrese así un novo reto para todos: a captación de fondos como panca para incrementar a competitividade do noso tecido empresarial”, subliñou Conde.

Neste sentido, o conselleiro animou ás empresas participantes na xornada, e ao conxunto do tecido empresarial galego, a seguir apostando polo aforro e a eficiencia enerxética co obxectivo de crear unha conciencia colectiva que facilite “o desenvolvemento dun modelo enerxético sustentable”.

Datos de contacto

Xunta de Galicia

Si deseas solicitar mas información sobre esta nota de prensa puedes hacerlo en el siguiente enlace:

Más Información
Notas de Prensa Relacionadas