Enviar nota de prensa

Síguenos en:

Twitter NotasDePrensa Facebook NotasDePrensa RSS NotasDePrensa
NotasDePrensa

El medio n° 1 de notas de prensa en España

A Xunta destaca o papel do sector agoindustrial no equilibrio territorial e no desenvolvemento das economías locais

O secretario xeral do Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto, destacou hoxe a importancia de poñer en valor o papel clave do sector agoindustrial no equilibrio territorial e no desenvolvemento das economías locais. Así o dixo na inauguración do III Foro “O sector alimentario en Galicia”, organizado polo Grupo Correo Gallego.

Publicado en el en Galicia por

Kit de Medios

Nota de Prensa
descargar pdf descargar doc

Compartir

  • O secretario xeral do Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto, interveu hoxe na inauguración do III Foro “O sector alimentario en Galicia”
    Autor: Conchi Paz 

Fernández-Couto sinalou que preto do 60% das agroindustrias sitúanse en concellos de menos de 10.000 habitantes, e que o 75% teñen a categoría de microempresas. Así, engadiu, a industria alimentaria depende en moitos casos das materias primas que se producen na súa contorna, contribuíndo a incrementar o valor das producións e os recursos naturais das áreas nas que se asentan.

Neste senso, o secretario xeral reiterou o compromiso da Xunta por este sector clave para Galicia. Así, no marco do Programa de Desenvolvemento Rural para Galicia 2007-2013, o departamento que dirixe Rosa Quintana xestionou axudas cun volume de investimento total de 386 millóns de euros. Tomás Fernández-Couto salientou que é fundamental apostar pola mellora e modernización da industria agroalimentaria galega, sen esquecerse da comercialización, xa que “de nada sirve ter un bo produto se non somos quen de colocalo no mercado”, engadiu.

O secretario xeral destacou o apoio da Consellería mediante diversas liñas de axuda para facilitar a comercialización dos produtos galegos no exterior, xa que “a internacionalización dos nosos produtos está a ter unha favorable repercusión na mellora do sector en particular e da economía galega en xeral”, dixo.

Datos de contacto

Xunta de Galicia

Si deseas solicitar mas información sobre esta nota de prensa puedes hacerlo en el siguiente enlace:

Más Información
Notas de Prensa Relacionadas