A Delegación de Galicia da Sociedad Española de Estudios Clásicos e a Asociación de Profesores de Grego de Galicia EPOS solicitan á Consellería de Educación modificar as normas promulgadas polo anterior goberno da Xunta de Galicia que obrigan a un número mínimo de alumnos para impartir as materias optativas aínda que haxa profesores con horas dispoñibeis.
A delegación galega da Sociedade Española de Estudos Clásicos (SEEC) eAsociación de Profesores de Grego de Galicia EPOSqueren amosar a súa preocupación polos prexuízos que para odesenvolvemento das materias de cultura e linguas clásicas se derivan das normas aprobadas polo anterior Goberno sobre número mínimo de alumnos para poderse impartir materias optativas en ESO e Bacharelato.
Tanto na ESO (Orde do 6 de setembro de 2007 ) coma no Bacherelato(Orde do 24 de xuño de 2008) fíxanse criterios excesivamente ríxidos no que atinxe ao número mínimo de alumnos/as esixible para constituir un grupo. Con menos de 5 alumnos non se poderían impartir as materias aínda que houbera profesores disponíbeis no centro.
As consecuencias desta rixidez agrávanse no caso dos estudos de linguas clásicas na ESO e no Bacharelato, materias que que soen ser cursadas por moi poucos alumnos, fronte a outras optativas.
Con esta normativa córrese o risco de que en moitos centros de ensino, sobre todo os de zonas rurales, con menos matrícula de alumnado, desapareza o Itinerario de Letras na ESO, e quede seriamente comprometido no Bacharelato. Desaparecería así un itinerario de intrínseco valor educativo non só por vencellarse coas orixes greco-latinas da nosa cultura, senón que ademáis, moitos alumnos terían moitas dificultades para estudiar determinadas carreiras máis propias de Letras como a Filosofía, Filoloxías ou Traducción,
Por eso, a delegación galega da Sociedade Española de Estudos Clásicos (SEEC) quere facer chegar aos responsables da Consellería a necesidade de diálogo para reformar a normativa de imparitición de optativas co fin de evitar, non só a desaparición das materias, senón a discriminación do alumnado, ao que se lle privaría dunha oferta educativa e formativa fundamental e necesaria en cada centro.